NUN AVIÓN

- Cal é o problema, Sra.? - Pregunta a azafata.


- é que non o ve? - Responde a dama - Colocáronme xunto a un negro.


Non soporto estar lado dun destes seres repugnantes.


Deme outro asento!


- Por favor, acóuguese? - di a azafata - Case todos os asentos estan ocupados.
Vou ver se hai un lugar dispoñible.
-A azafata afástase e volve de novo algúns minutos máis tarde:
- Sra., como eu pensaba, non hai xa ningún lugar libre.


Falei co comandante e confirmoume que non hai máis sitios dispoñibles na clase económica.


No entanto, temos aínda un lugar en primeira clase.


-Antes de que a dama poida facer o menor comentario, a azafata segue:


- é do todo inusual permitir a unha persoa da clase económica sentar en primeira clase.


Pero, vistas as circunstancias, o comandante atopa que sería escandaloso obrigar a alguén a sentar xunto a unha persoa tan repugnante.


E dirixíndose á persoa de cor, a azafata dille:
- Se o Sr. deséxao, tome a súa equipaxe de man, xa que un asento en primeira clase espéralle.


E todos os pasaxeiros ao redor, que, sorprendidos, asistían á escena levantáronse e aplaudiron...


Se loitas contra o racismo devolve esta mensaxe a todos os teus amigos,
pero non apagues o teu computador sen habelo enviado polo menos unha persoa.
é a semana de loita contra o racismo, participa!!!!

Non somos "TONTOS"

 A Real Academia Española (RAE) (www.rae.es) continúa a ofrecer no seu dicionario tan "prestixioso" definicións de "gallego" coma:

5. adj.C.Rica. Tonto (falto de entendimiento o razón).

6. adj.El Salv. Tartamudo.

7. m.Lengua de los gallegos..

*Mesa gallega / Mesa de gallegos:. Aquella en que falta pan de trigo.

*Hacer mesa gallega: llevarse todo el dinero del contrario en el juego.

Disque a RAE recapacitou e parece ser que no seu próximo dicionario, que verá a luz polo 2013, a acepción de "gallego" como "tonto" xa non se lerá nas súas páxinas. Mentres tanto, deberemos esperar uns meses para ollar esa posible emenda no seu dicionario virtual. Con todo, por desgraza, a RAE aínda pretende manter o significado de "gallego" como "tartamudo" xa que, segundo a organización, se usa en El Salvador. Mais isto non acaba aquí; resulta que agora a RAE pretende introducir na próxima edición do seu "prestixioso" dicionario as expresións "mesa gallega" ou "mesa de gallegos", e "hacer mesa gallega". Por que esa teima de meteren novos termos despectivos cando eliminan outros da palabra "gallego"?.

Para a xente que aínda non o sabe, o termo "gallego" en moitas rexións de América Latina fai referencia a todos os españois e non só aos galegos. Pola outra banda, no dicionario da RAE defínese directamente "gallego" como "tonto" e "tartamudo" sen explicar que estes insultos van dirixidos a toda a comunidade española, puidendo provocar deste xeito confusións.

Hai que facer saber tamén que en bastantes lugares de América Latina, o termo "gachupín" ou "cachupín" é un vocábulo moi despectivo, mesmo moito máis ca "gallego" para se referir aos españois, porén a RAE no canto de incluílo na mesma entrada de "español", introdúceo nunha nova entrada como se non tivese nada que ver con el. Con todo, cremos que as acepcións despectivas a calquera comunidade de xente non deberían ser amosados en ningún dicionario e menos aínda se os seus usos son moi limitados como no caso de "tonto" e "tartamudo".

Falando sobre a última acepción, parécenos bastante incompleta, principalmente se a comparamos, por exemplo, coa de "Catalán":

3. m. Lengua romance vernácula que se habla en Cataluña y en otros dominios de la antigua Corona de Aragón.

Calquera lingua neste dicionario, como por exemplo "Euskera", ou "Español" (ademais de Catalán) aparece definida dun xeito máis completo có "Gallego".

Cremos que temos o mesmo dereito cós demais a que se defina o noso idioma do mesmo xeito que se define os outros, especificando que temos unha historia detrás e coidando que a nosa lingua non sexa tratada coma un dialecto máis.

Para conseguir o que nos propomos, gostariamos de realizar unha recollida de sinaturas e de que participedes todos cantos pensedes coma nós.


O texto completo atópase na páxina indicada abaixo. Deixa de ser "tonto" e asina! Clica no enlace de abaixo, son dous minutiños.  Página Web:

http://www.aproldalinguagalega.org/

O mellor lider?

Vaise a elixir a un novo líder mundial, o ti tes a oportunidade de votar por el. Hai 3 candidatos, a continuación presentámosche algúns feitos coñecidos na vida dos mesmos:

Candidato 1: foi asociado con políticos corruptos. Consulta a varios astrólogos. Tivo 2 amantes. Fuma e toma entre 8 e 10 martinis ao día.

Candidato 2: foi despedido en 2 ocasións do seu traballo. Dorme ata medio día. Consumía opio na universidade e todas as noites tómase unha botella de whisky dun cuarto.

Candidato 3: É un heroe de guerra condecorado. É vegetariano, non fuma e toma cervexa ocasionalmente. Non se lle coñecen relacións extramaritales.

Por cal dos tres candidatos votarías?




.....







O Candidato 1 é Franklin D. Roosevelt
O Candidato 2 é Winston Churchill
O Candidato 3 é Adolph Hitler

Unha boa resposta

A min de neno non se me daban ben as matemáticas, pero o meu pai non recolleu sinaturas para prohibilas, axudoume a aprobalas. Claro que o meu pai non me usaba como vehículo das súas fobias, quería que aprendese todo o que me fose útil na vida. Por exemplo, a Núñez Feijóo foille moi útil o galego. Ensinar non é impoñer, e cantas máis cousas nos aprenda gratis o Estado, mellor.

(Miguel Anxo Murado)

MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR

 Agora tomo o sol.

Pero até agora traballei cincoenta anos sin sosego.

Comín o pan suando día a día nun labourar arreo.

Gastei o tempo co xornal dos sábados, pasou a primavera, veu o inverno.

 Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo i a miña mocedade.

Nada teño.

O patrón está rico á miña conta, eu, á súa, estou vello.

Ben pensado, o patrón todo mo debe.

Eu non lle debo nin xiquera iste sol que agora tomo.

Mentras o tomo, espero.

 

Poema de Celio Emilio Ferreiro

Salto ó vacío

No seu interior a dor, o sufrimento, a rabia e a impotencia ameazaban por saír. Sentiase soa, abandonada e perdida. No espello do ascensor vía o seu rostro reflectido. O seu reflexo mostraba unha muller de cabelos cor mel, rostro fermoso cuns ollos verdes e boca xenerosa. Pera ela só notaba unha rapariga cun peiteado correcto, con ollos chorosos e profundas ojeras. Cando saíu do ascensor quitou os zapatos e descalza camiñou ata a porta do apartamento. Entrou e deixouna aberta. Total todo lle daba igual. Aproximouse á fiestra e vió que era unha noite estrelada. Era unha  noite tan bonita e pura que simplemente riu sen ganas pola sinxeleza da vista. Quitou os pendentes de ouro e a pulsera de rubíes. Abriu a fiestra e tirounas. Xa non os ía necesitar. Douse a volta e por última vez mirou a habitación. Tiña teitos altos e brancos, portas de roble e un mobiliario elegante e sombrío. Non había rastro da súa presenza nin sequera alí, o seu fogar. Baixou a cremallera do vestido e con coidado púxoo encima do sillón malva que lle comprou a súa nai. En roupa interior subiuse ao bordo da fiestra. E alí de pé sentiuse a raíña do mundo. Baixo os seus pés os coches circulaban a gran velocidade, a xente parecía motiñas de po, a luz saía dos apartamentos veciños. O mundo seguiría virando aínda que ela non estivese. Pechou os ollos e pensou como nos últimos meses todo cambiara tanto e á mesma vez tan pouco.
O seu pai volvía buscar a felicidade, que non lle daba todo o seu diñeiro, no seu cuarto matrimonio cunha moza que podería ser a súa filla. A súa nai polo día simulaba ser a muller correcta que a boa sociedade reclama e cada noite compartía cama cun home distinto. A súa irmá, a bela Adela, sería presentada en sociedade nuns días.
Isabel Suárez Branco non vía sentido na sua incosistente e malgastada vida. Tívoo todo e ao mesmo tempo nada.
O seu primeiro noivo susurraballe palabras doces nas súas orellas mentres que ás súas costas el retozaba con outra muller. Un engano que non lle produxo a dor que debía sentir. Estaba baleira. Traballa holgadamente na empresa familiar. Onde non lle encargaban nada complicado para que a sua cabaciña linda non se molestase.
Os seus pais allanaronlle o camiño toda a súa vida. Pero mentres miraba cara atrás no tempo viu que nunca viviu de verdade. Se tan só unha vez alguén lle preguntara que quería, que desexaba o seu corazón, ela gardaría no fondo do seu ser ese recordo.
A brisa movía os seus cabelos. A noite era fría. E decidiu que xa era hora de facer o que ela quería. Por primeira vez decidiría o seu destino. Cando o seu pé dereito estaba suspendido no aire veu á súa mente o sorriso amable dun mozo. Sorriu con ese recordo. Nin sequera el a recordaría.
Sáltou ao baleiro. Non había túneles nin luces ao final. Só escuridade e silencio. Por primeira vez estaba en paz..

Deber e honor

Era o meu deber estar alí. Era o enterro dun compañeiro, un camarada. Foi verdaderamente duro. As bágoas pugnaban por saír. Víaa a ela. Como a via todos os días a través dunha foto. Xa non tiña o sorriso coqueto e os ollos radiantes que mostraban a fotografía. Agora os seus ollos estaban vacuos e a súa boca mostraba unha mueca lastimosa. A súa longa cabeleira morena estaba recollida nun moño mal feito. Pero aínda completamente vestida de negro conservaba a aureola de beleza e sensualidade que enfeitizara ao seu amigo.
Recordaba o funesto día en que todo cambiou:

O son das ametralladoras enxordecía os queixumes da pobre xente do país. Esa noite tocábame estar en garda. Co meu fusil C-41 e unhas cantas oracións sobrevivín outra noite nese inferno. Añoraba a Xoan, o meu home. Agora estaría deitando ao noso fillo David. El preguntaría porque mamá non estaba ao seu lado. Xoan calaría e daríalle un bico de boas noites. ¿Que podería contestarlle ao neno pequeno que soña con ver outra vez á súa nai?
Cando acabei a garda dirixinme ao campamento. O meu compañeiro de armas contempla a foto da súa noiva como toda as noites soñando o momento de reencontrarse con ela. Chamábase Daniel. Era un raparigo guapo, alto e traballador. Os seus ollos eran dun azul tan profundo que te perdías nas súas profundidades. Pero neles non vías alegría. Estaban moi tristes e marchitos. Estrañaba á súa noiva.
Fai tempo contoume como se coñeceron. Era unha noite estrelada, como as que aparecían nas películas. Daniel saíra cos seus amigos para celebrar a sua incorporación ao exército. As rúas estaban cheas de xente. E nun segundo todo o seu mundo cambiou. Viuna.
De inmediato presentouse ante ela e díxolle que era a cousa máis bonita que vira. A moza con sorriso pícaro contéstolle que el tampouco estaba mal. Cando ela estába a marchando virouse e preguntoulle:
- ¿Como te chamas guapo?
- Daniel, ¿e ti?
- Oh! Se cho dixese non sería divertido.- Rindo foise.
Daniel buscouna como tolo durante meses e non atopaba á muller que roubara o seu corazón. Xa perdido as esperanzas unha noite como aquela sentouse nun pequeno banco de madeira. Dixéronlle que tiña que partir para Irak. Non tiña medo, o único que lamentaba é que non puidese vela outra vez. Ocultou o seu rostro entre as mans e estivo así un bo tempo. Unha delicada man toco o seu ombreiro e el alzou a vista. Ela estaba alí, tan guapa como a recordaba. Unha deusa no medio de simples mortais.
- Chámome Rocío.- Non había sorriso pícaro, soamente afecto.


- Esperta Casanova, dentro de pouco será a túa quenda- Díxenlle con voz cansa.
- ¡Eh! Non deas eses sustos muller. Imaxínache se che meto unha bala entre cella e cella.- Díxoo de broma pero os dous sabiamos que podía pasar.
- Jaja non me fagas rir.
Non falamos máis. Non había moito que contar. Ambos tiñamos 23 anos. Eramos novos pero viramos moito. Sabía que Daniel tiña un bonito anel de compromiso para Rocío.
Cando o soño atrapoume totalmente un forte estrondo espertoume. Uns rebeldes atacaran a nosa base. E todos tiñamos que saír a defendela. Sentín moitisimo medo. Pero as ganas de sobrevivir puideron máis. Cando o ataque terminou. Os danos foron gravísimos. A base estaba seriamente danada e caeran moitos bos homes e mulleres. Entre eles atopei a Daniel. Estaba moi malferido.
Dúas semanas despois en España. Baixaba do avión que me traía de volta outra vez ao fogar. Xoan levaba a David en brazos e ao velos deixei a formalidad do meu cargo e corrín a abrazar a min familia. Estaba de volta ao fogar.

Todos xa marcharán do cemiterio. Pero resistíame a deixar a Daniel. Eramos camaradas pero non puidera salvalo. 
Na miña man levaba unha rosa branca. Era fermosa e tiña espiñas afiadas. Arodilleime ante a sua sepultura e pousei a rosa.
- Sempre che recordarei, amigo.
Despois funme. Non podía facer máis.

Vivir, soñar e amar

Tería que ser o día máis feliz da súa vida. Habíao estado preparando desde hai máis dun ano con gran ilusión. As flores cuidadosamente seleccionadas ían a xogo co seu ramo. A alfombra nupcial era dun precioso vermello. As invitacións eran dun papel finísimo e como non, caro. Todos estaban esperando a que a noiva, acompañada polo seu pai, camiñara cara ao altar ao encontro do seu prometido. O seu vestido era dun tecido valioso, de cor branco roto e con fermosos bordados. O veo, o cal ía a xogo co vestido de noiva, medía 3 metros. Os seus zapatos dun deseño exclusivo era a fantasía de toda noiva.
As dúbidas apoderáronse dela. ¿Estaba facendo o correcto? ¿El era o seu príncipe azul? ¿Ou a casarse con el renunciaría ás súas esperanzas de atopar ao home destinado a facela feliz?
Os invitados esperaban, a súa nai gastara moito diñeiro no seu elegante vestido. Na súa man portaba o anel da súa avóa. ¿Que lle diría ela se estivese ao seu lado? Necesitábaa tanto. A súa avóa foise facía dous anos pero aínda abrigaba a esperanza de que puidese vela unha última vez. Verdaderamente estaba confusa. Como facía sempre que o fiero control que exercía sobre as súas emocións rompíase colleu o seu neceser e retocou o maquillaxe. Mentres se dedicaba á tarefa de embelecerse viuna. Era a súa avóa co seu perpetuo sorriso e a suas meixelas que noutros tempos realzaban o seu rostro. A angustiada noiva deuse a volta pero alí só había aire baleiro. Disgustada volveu a súa cara ao espello e outra vez a imaxe do seu parente estaba alí. Sen poder aguantar a emoción tocou o espello. Sen pretendelo viaxou a un mundo cheo de luz, vegetación colorida e fermosos animais. Sen dúbida estaba no paraíso.
- Miña filla ¿que aflige ese corazón teu?- Era a voz doce da súa avóa tiña un matiz alegre e aínda que pareza inverosímil ata cheo de vida.
- ¡Isto non pode ser real! Por deus se o ti estás...- Calou, como lle ía a dicir a unha morta que estaba morta.
- Temos pouco tempo así que déixache de pantomimas. ¿Por que te vas a casar con ese home? Ambas sabemos que non che fará feliz.
- Nana a verdade é que eu quérolle pero...- Non sabía como continuar. Os seus sentimentos estaban confusos.
- Non podemos permanecer máis xuntas. O meu tempo acabouse pero o teu só acaba de empezar. Vive miña filla. Vive.
E coma se nada pasase volveu ao pequeno dormitorio onde momentos antes estába a acicalarse. Non dubidou. A súa avóa vivirá, amado e soñado. Ela quería amar con todo o seu ser, vivir mil aventuras e soñar co seu príncipe azul.
Quitouse o veo e pousouno con sumo coidado encima da pequena cama. Desfixo o apertado moño e correu. Correu como nunca antes. Cando estaba saíndo ao exterior o seu pai viuna e chamou por ela.
- Sara ¿a onde vas?
- Pai, quero vivir, soñar e amar e con Carlos nunca poderei.
O seu pai comprendeuna. El sentía o mesmo aínda que xa era tarde, pero para a súa filla aínda non o era.
- Pois corre Sara, corre. Que ninguén free os teus pasos.- Cando xa a súa filla non o podía oír- Eu non o fixen a tempo e acabei coa túa nai- a súa voz soaba melancólica e igual de triste que fora o seu matrimonio.
Sara correu. Non colleu ningún coche. Apetecíalle camiñar. A xente quedáballa mirando pero a ela dáballe igual. Só importaba ela.
Un neno estaba correndo detrás dunha pelota e cando cruzou a rúa para collela Sara viu como o coche achegábase peligrosamente ao neno. E sen pensalo púxose entre o neno e o coche.
O golpe foi grande. Aínda que nada que non se puidese curar. O condutor do coche saíu a toda velocidade a ver como estaba Sara.
- ¿Estás ben? Cando quixen frear era demasiado tarde non vin ao neno e...- Parecía a piques de sufrir un ataque ao corazón.
- Non te preocupes. Só foi un golpiño.- Dixo Sara con voz lastimosa.
- Ao meu paréceme que foi un pouco máis que un "golpiño".
El condutor chamábase Mario. Era un novo xornalista con ganas de ver o mundo e informar sobre iso. Non deixou a Sara nin un momento soa ata corroborar que estaba ben. E sen darse conta namorouse desa tola con vestido de noiva que se arroxaba diante dos coches para salvar a nenos pequenos.
Logo dun mes ambos eran soamente amigos. Sara non se atrevía a dar o primeiro paso e Mario tiña medo de que a sua heroína particular volvese escapar. 
Pero un día...
- Mario. Aínda que o teu nobre montura atropeloume creo que es o meu príncipe azul.
- Sara eu...
- Non digas nada só quédate ao meu lado por sempre.
- Non pides case nada a miña heroína.
Desde ese momento Sara soñou, amou e por encima de todo viviu.

Por que falo galego?

Moitas veces fixeronme esta pregunta. Moitas veces contesteina. Pero Celso Emilio Ferreiro aforrarame botar unha parrafada con un sinxelo poema:

Deitado frente ao mar

Lingoa proletaria do meu pobo, 
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas, 
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

Esperanza

Esperanza

Test Personalidade

TrastornoGrado
ParanoideMODERADO
EsquizoideBAJO
EsquizotipicoMODERADO
HistrionicoMODERADO
AntisocialBAJO
NarcisistaMODERADO
LimiteALTO
ObsesivoMODERADO
DependienteMODERADO
EvitadorMODERADO

Test de personalidad